| O estudio móbil de gravación de Casa de Tolos |
|
|
|
| Escrito por Casa de Tolos |
| Mércores, 23 Decembro 2009 20:17 |
|
O estudio móbil de Casa de Tolos é un completo sistema de gravación e edición de audio e vídeo aloxado nunha unidade móbil de 7 metros de lonxitude con capacidade para a gravación e realización dun espectáculo audio visual ou multimedia.
O sistema conta coa última tecnoloxía de gravación de audio e vídeo HD.
Integra un sistema de audio ProTools TDM HD3 sobre Macintosh con 48 entradas simultáneas de audio controladas por unha superficie de control .
Na sección de video, a unidade móbil conta con cámaras de alta definición, cunha mesa de realización que soporta ata 5 cámaras simultáneas e o lanzamento en directo de printers ou outros contidos audiovisuais.
A unidade móbil conta tamén coa posibilidade de emitir o sinal da realización xa sexa en directo no propio evento mediante pantallas de proxección, ou por internet a través da conexión co servicio de streaming CDN que conta Casa de Tolos.
|






